Somos Cambados anima ás mulleres a secundar a folga feminista do vindeiro 8 de marzo

O Voceiro de Somos Cambados, Tino Cordal, anunciou o apoio do seu grupo á folga feminista que terá lugar o vindeiro 8 de marzo xa que son moitísimos os motivos que teñen as mulleres para mobilizarse. 

Unha frase que pode ser un bo resume do que estamos reclamando é que nos queremos vivas e que nos queremos libres e que as desigualdades que soportan as mulleres abranguen todos os ámbitos da nosa vida. Neste sentido lembrou que as mulleres cobran un 22,3 por cento menos que os homes, unha fenda salarial coa que semella non somos quen de rematar. Así mesmo as mulleres soportan o maior nivel de temporalidade, precariedade e paro.

As mulleres parten dunha situación desigual no traballo asalariado, pero ademais, seguen sendo as que asumen de xeito moi maioritario os coidados, coidados que son imprescindibles para todas e todos, pero que non se están socializando. Os datos evidencian esta realidade con unha porcentaxe do 70 por cento das horas dedicadas aos traballos domésticos no caso das mulleres, ou ás 1.087 mulleres que o ano pasado acolléronse a algún tipo de excedencia nos seus traballos para pasar máis tempo cos seus fillos e fillas fronte aos 132 homes.

Esta realidade repercute así mesmo nas pensións onde os homes perciben 1.041 euros mentres que as mulleres sitúanse nos 647 euros de media, unha diferencia do 38 por cento menos. Poderíamos seguir moito tempo dando moitos máis motivos, as desigualdades atravesan as nosas vidas, por iso, este paro esténdese a todos os ámbitos.

Pararemos nos traballos asalariados, pararemos de coidar, deixaremos de consumir e tamén de estudar. A idea é dar visibilidade ao feito de que se as mulleres paran, párase o mundo.

Estamos ante unhas reivindicacións urxentes e que a transformación que precisamos comprende todas as estruturas sociais, políticas, culturais e económicas onde “odas e todos debemos ter unha implicación importante nesta mobilización.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s